Sarria Sorrí

SARRIA SORRÍ_1080 OK LOGOS

Fecha

18 julio - 21:00

Lugar

Campo do Rugby, Sarria, Lugo   Ver Google Maps

SARRIA SORRÍ, O EVENTO DE COMEDIA QUE TRAE A LEO HARLEM E ÁLEX CLAVERO A GALICIA

Nace Sarria Sorrí, un evento cultural que trae a grandes estrelas do stand-up comedy para dinamizar a cultura e economía da comarca lucense. Trátase dun ciclo de funcións teatrais de comedia, organizado por Etiqueta Negra Producciones e co Concello de Sarria como patrocinador institucional. Nace tras o estado de alarma pola pandemia do COVID-19 coma unha aposta polo optimismo na entrada á nova normalidade, mais xa ten previsión de continuidade nos vindeiros anos.

A programación mestura grandes figuras da comedia nacional – coma Leo Harlem, co que disfrutaremos dunha das súas poucas actuacións deste verán, ademais de Álex Clavero, Quique Matilla e Eva Soriano–, con recoñecidos artistas galegos que ofrecerán monólogos no noso idioma – coma David Amor, Oswaldo Digón e Alberte Montes-; e o cómico emerxente Pablo Meixe.

Terá lugar do 18 de xullo ao 20 de agosto en emprazamentos clave do patrimonio cultural da vila como a Praza de Santa Mariña ou o antiguo campo de rugby no Parque de O Chanto. O Meigallo, será outro dos puntos neurálxicos da programación do ciclo.

O resultado é un evento cultural ao aire libre con tódalas medidas hixiénico-sanitarias pertinentes e os mellores humoristas para facernos ver que, a pesares dos problemas, na nova normalidade tamén se pode sorrir. Ademais, pretende contribuir á configuración dun fondo de contidos creativos de interese cultural e artístico, lingüístico e turístico na nosa Comunidade, potenciando Sarria coma unha parada obrigada do Camiño de Santiago.

A iniciativa conta coa Xunta de Galicia, Galicia e Xacobeo 2021 coma entidades colaboradoras, asi como con patrocinadores privados coma O Meigallo, A Travesia Dos Soños, O Casino, O Mar de Plata, Tucán, Parisien e Dosmar, entre outros. Grazas a estas aportacións, case tódolos espectáculos serán de balde, sendo igualmente precisa a reserva previa da entrada para controlar aforo. Etiqueta Negra Producciones, a produtora sarriá tras a iniciativa -con máis de 15 anos de experiencia e exclusividade na zona norte algúns dos cómicos máis relevantes do panorama actual-, informa a continuación da programación e como conseguir invitacións para cada un dos eventos.

PROGRAMACIÓN

18 de xullo.
Leo Harlem e Eva Soriano.
Lugar: Campo de Rugby, cercano ao Parque do Chanto.
Hora: 21h
Espectáculo de pago. Entradas dispoñibles aqui.

23 de xullo.
Álex Clavero e Quique Matilla.
Lugar: O Meigallo.
Hora: 21:30h
Espectáculo de balde. Reserva de entrada obrigada.
Máis información e como conseguir invitacións

1 de agosto.
Pablo Meixe.
Lugar: Parque de Santa Mariña.
Hora: 22h
Espectáculo de balde. Reserva de entrada obrigada.
Máis información e como conseguir invitacións

7 de agosto.
Alberte Montes.
Lugar: O Meigallo.
Hora: 22h
Espectáculo de balde. Reserva de entrada obrigada.
Máis información e como conseguir invitacións.

15 de agosto.
Oswaldo Digón.
Lugar: O Meigallo.
Hora: 22:30h
Espectáculo de balde. Reserva de entrada obrigada.
Máis información e como conseguir invitacións.

20 de agosto.
David Amor.
Lugar: Parque de Santa Mariña.
Hora: 21h
Espectáculo de balde. Reserva de entrada obrigada.
Máis información e como conseguir invitacións.

SARRIA SORRÍ_1200 con programacion OK LOGOS

MÁS DETALLES

Email

ana.veiga@etiquetanegra.org

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>

Sobre Nosotros

Más de diez años de experiencia en organización y producción de eventos con grandes artistas nacionales.

Eventos para empresas

Si tienes una empresa y quieres hacer un evento o estas buscando artistas no dudes en contactar con nosotros.

Venta de entradas

En la sección "Próximos eventos" encontrarás toda la información referente a la venta de entradas

Formulario

Para cualquier duda o sugerencia puedes contactar con nosotros a través del formulario.

ETIQUETA NEGRA

C/ La Estrella 12 bajo
27600 Sarria (Lugo)
contacto@etiquetanegra.org

DPTO. CONTRATACIÓN

Iago Regueiro
685449532
iago@etiquetanegra.org

Iván Arias
690216767
ivan@etiquetanegra.org

DPTO. ADMINISTRACIÓN

Iago Regueiro
685449532
iago@etiquetanegra.org

DPTO. PROMOCIÓN

Nacho López
686166182
nlopez@etiquetanegra.org

DPTO. PRODUCCIÓN

Félix Mourín
692666170
fmourin@etiquetanegra.org