Artistas
Fecha
18 julio - 21:00
Lugar
Antiguo Campo de Rugby - Parque de O Chanto Sarria Ver Google MapsDeja que te cuente é o show de Leo Harlem co mellor de Leo Harlem.
Neste espectáctulo, o humorista fai un percorrido polos mellores monólogos de toda a súa traxectoria. Desde os metrosexuais ás cidades españolas, o humorista trata temas tan cotiáns como a noite, a cociña moderna, os bares, as redes sociais ou as festas de aldea. Durante os 90 minutos que durará o espectáculo, o público rirá a gargalladas escoitando os textos máis hilarantes do cómico, nunha compilación preparada para triunfar: un espectáculo ao máis puro estilo Leo Harlem que os fans do artista non se poden perder.
Harlem actuará o día 18 de xullo en Sarria; concretamente no campo de rugby, un espazo seguro e acondicionado para cumprir co distanciamento social imposto polo Covid-19. O obxectivo deste show é crear unha proposta orixinal que siga apostando pola cultura en Galicia antepoñendo a seguridade dos asistentes dada a situación provocada pola alerta sanitaria do coronavirus.
Compartirá escenario coa cómica emerxente Eva Soriano, coñecida polas súas colaboracións en Late Motiv, Las que faltaban ou La Resistencia en #0, El Club de la Comedia ou Zapeando en La Sexta ou no programa de radio Yu, No te pierdas nada de Los 40, entre outros. A actriz fará unha colaboración especial neste show, que busca recuperar a risa e apostar polo optimismo como clave tras o drama da pandemia.
Todo esto se engloba en el ciclo de monólogos Sarria Sorrí, que celebra este año su I Edición. Esta actuación de Leo Harlem y Eva Soriano es el espectáculo inaugural.
PROTOCOLO DE COMPRA DE ENTRADAS:
Días antes do evento, os asistentes recibirán correo electrónico da ticketera, co número de mesa que terán dentro da fila que escolleran. Os acomodadores axudaránlles a atopala sen problemas. Por favor, tódolos integrantes de cada mesa deben acceder xuntos ao recinto. É obrigatorio o uso de máscara, non se permitirá o acceso sen ela.
Se tes dúbidas coa túa compra, escríbenos a ana.veiga@etiquetanegra.org ou chama ao 622.77.11.59
MEDIDAS DE SEGURIDADE HIXIÉNICO SANITARIAS:
O evento será ao aire libre para garantir as medidas de seguridade ao público.Algunhas das medidas que se tomarán son:
- Acceso diferenciados de entrada e saída.
- Corredores sinalizados dunha única dirección.
- Parcelas separadas a 1.5 metros.
- Uso obrigatorio de máscaras en todo o recinto.
- Desinfección previa ao evento de todo o mobiliario.
- Distintas horas de entrada de publico para evitar aglomeracións.
- Puntos de xel hidroalcóholico
- Todo o persoal con máscara e luvas
- 5.000 m2 e aforo limitado
* ENTRADAS Á VENDA *
Venda online en ataquilla.com aquí
*Escolle o número de entradas que queres e poñerémonos en contacto contigo para decirche cal é a túa mesa.
Venda física en Estanco Galego de Sarria
PATROCINADOR PRINCIPAL: Concello de Sarria
INSTITUCIÓNS E EMPRESAS PARTICIPANTES:
ESTABLECEMENTOS COLABORADORES
A continuación o plano do recinto:
-
Podes enterarte de máis eventos coma este facéndote socio/a do Club Etiqueta Negra. Sen coste e con moitas vantaxes!
Faite socio/a agora: