Artistas
Fecha
24 octubre - 20:30
Lugar
Ver Google MapsO monólogo máis humano dunha muller “case” divina.
A actriz Ledicia Sola analiza as situacións cotiás da vida desde o seu propio punto de vista. Con todo o humor, ironía e estupidez que certas reflexións nos deixan no mundo absurdo no que vivimos.
As complicacións que conleva hoxe en día ser unha muller dez: sempre divina, profesional, enrrollada, comprensiva e intelixente. O traballo, a parella, a familia, os éxitos e os fracasos, a soidade, a vida intensa, as relacións, o sexo, o amor e o desamor, as sensibilidades, as esixencias e as propias metas. “De pequena falaba sen parar e os amigos chamábanme A MUDA, así foi como aprendín o que era unha ironía…Pero se daquela xa tiña algo que dicir, imaxínate agora”.
Por primeira vez Ledicia mostrase tal cal, coas suas experiencias persoais, e compartindo os seus pensamentos máis íntimos nunha faceta completamente nova para a intérprete. Sen personaxes nin disfraces. Disposta a romper tópicos e ideas preconcebidas. Sen medo, sen esperanza, sen tapuxos, sentida, pelo a pelo, cuchilla en man, língua afiada, corazón aberto e micro no peito. Un espectáculo que é unha viaxe persoal compartida co público, a través dun texto escrito por ela mesma e con moito de improvisación, nun ton gamberro, irreverente e sobre todo inesperado nunha muller tan DIVINA.
Cando: 24 outubro ás 20:30h
Onde: Concello de Burela