Xosé A. Touriñán y Javier Veiga

Touriñán y Javier Veiga

Fecha

20 junio - 21:00

Lugar

Teatro Principal Santiago de Compostela   Ver Google Maps

NOITE DE HUMOR NO TEATRO PRINCIPAL
O próximo 20 de Xuño ás 21:00h , no Teatro Principal de Santiago de Compostela, temos unha inigualable cita co mellor humor autóctono. As entradas xa están a venda en ataquilla.com

Dous dos humoristas de referencia do panorama galego uníronse Nesta desternillante historia contada dende os puntos de vista de dous personaxes totalmente distintos. Dous monólogos hilarantes dende dúas formas de entender a vida.
Por un lado, Xosé A. Touriñan, interpretando a Manolo Lojo, un surrealista personaxe que o único que ten claro é que se quere suicidar, pero antes de suicidarse contaranos un dos segredos mellor gardados da humanidade….
E sobre os segredos da humanidade, sobre as grandes dúbidas que guían a nosa existencia, o gran Javier Veiga revelaranos as súas reflexións dende a súa importante experiencia vital. Enigmas como a importancia da alopecia no pleistoceno ou a proliferación das mulleres barbudas en Lusitania, serán desvelados neste espectáculo que che cambiará a vida*.

Aviso*Este espectáculo pode non cambiarche a vida.

Xose A. Touriñan
Xosé Antonio Touriñán leva máis de dez anos no mundo do humor e o audiovisual galego. A principios do 2000 forma con Marcos Pereiro o dúo cómico Os 2 de Sempre, unha proposta que acadou sona co espectáculo As Cantareiras de Ardebullo, no que Touriñán interpreta a Mucha, hoxe un dos personaxes máis coñecidos da televisión galega. Un éxito que o levou a dirixir e presentar o seu propio programa, Tourilandia, estreado na TVG en 2012. Touriñán, que por veces se disfraza do cómico personaxe Manolo Lojo, ten participado noutros programas, series e filmes, como Padre Casares, Botarse ao Monte, Era Visto, Land Róber, Os Fenómenos ou os premios Mestre Mateo, e vai camiño de converterse nunha das figuras máis destacadas da televisión en Galicia.

Javier Veiga
A carreira de Javier Veiga empeza hai moitos moitos anos cuncameo na serie Farmacia de garda. Quen lle ía dicir naquel ano 1992 que a súa carreira ía experimentar un crecemento tan meteórico.
Peliculas con “O ano da carracha” ou “A muller máis fea do mundo” e series como “7 vidas” ou “Moncloa dígame? ” levárono ao éxito.
Pero sen dúbida, se por algo recordamos con cariño a Javier, é por ser un dos mellores máis desternillantes presentadores da historia do pioneiro programa de monólogos “O Club da Comedia”.
A súa carreira non quedou aí, pasou á dirección de Teatro e Tv, creando a súa propia compañía, e escribindo e dirixindo obran tan importantes como “Amigos ata a morte”, ” Humor en Branco e Negro” ou ” Os tres mosqueteiros buscando dartañan”

E como todo iso lle parecía pouco, agora tamén se dedica a facernos partir de risa sobre un escenario.

MÁS DETALLES

Phone

981542347

Sobre Nosotros

Más de diez años de experiencia en organización y producción de eventos con grandes artistas nacionales.

Eventos para empresas

Si tienes una empresa y quieres hacer un evento o estas buscando artistas no dudes en contactar con nosotros.

Venta de entradas

En la sección "Próximos eventos" encontrarás toda la información referente a la venta de entradas

Formulario

Para cualquier duda o sugerencia puedes contactar con nosotros a través del formulario.

ETIQUETA NEGRA

C/ La Estrella 12 bajo
27600 Sarria (Lugo)
contacto@etiquetanegra.org

DPTO. CONTRATACIÓN

Iago Regueiro
685449532
iago@etiquetanegra.org

Iván Arias
690216767
ivan@etiquetanegra.org

DPTO. ADMINISTRACIÓN

Iago Regueiro
685449532
iago@etiquetanegra.org

DPTO. PROMOCIÓN

Nacho López
686166182
nlopez@etiquetanegra.org

DPTO. PRODUCCIÓN

Félix Mourín
692666170
fmourin@etiquetanegra.org